Esta mañán deron comezo obras de peche e movemento de terras en Massó coa presencia de seis furgóns policiais.O Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, está a asumir a responsabilidade de dar protección policial a unhas obras que non contan con licencia municipal e que son obxecto de dous contenciosos administrativos sen resolver e numerosas causas xudiciais en curso.O principio de autonomía municipal está a ser gravemente vulnerado. Estas obras non foron informadas polo Concello de Cangas a traveso dun Plan de Usos ou Plan Especial e a ordenación urbanística actual da zona é de protección de espazos naturais.Se está a utilizar a servidume de tránsito de costas para acceso de maquinaria pesada
O ASFALTO NON É PROGRESO
Nov 20, 2008 por admin na categoria 4.Novas


30 colectivos, convocan unha manifestación Contra o Plano Vigo Íntegra co lema “O asfalto non é progreso”, o domingo 30 de Novembro ás 12, que sairá desde a Praza
dos Cabalos e rematará na Porta do Sol.
O ASFALTO NON É PROGRESO
10 RAZÓNS PARA DICIR NON AO PLAN VIGO ÍNTEGRA
1.- Está baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade, esquecendo totalmente o transporte público, estimulando a utilización do vehículo privado, xerando aínda máis contaminación (atmosférica e acústica) e incrementando o consumo de petróleo.
2.- As vías de alta capacidade provocan un enorme e irreversible impacto ambiental (erosión do solo, fragmentación do territorio, recheo de vales e leitos fluviais, perda de masa forestal e de biodiversidade, ocupación de solo rústico, etc.) e a destrución do patrimonio cultural e arqueolóxico.
3.- Tamén provocan un enorme impacto social e económico (expropiación de terreos privados, afección de vivendas, efecto barreira que racha e divide vilas e parroquias,etc.).
4.- O uso abusivo do vehículo privado é un dos principais responsables de emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, causantes do cambio climático global.
5.- As vías de alta capacidade non solucionan os problemas de mobilidade, senón que os agravan. A máis e meirandes estradas, máis vehículos e máis atascos, xa que nas horas punta, as vías de enlace, de menor capacidade, non poden absorber tal cantidade de tráfico.
6.- Este modelo de transporte e de infraestruturas, dilapida grandes cantidades de diñeiro público e só favorece ós intereses privados das grandes construtoras e do sector do petróleo.
7.- O Plan Vigo Íntegra malgastaría 2.000 millóns de euros na construción de 243,8 quilómetros de novas autovías, asfaltando de máis de sete millóns de metros cadrados de territorio. O Estado español é o primeiro de Europa en quilómetros de vías de alta capacidade por habitante, mentres que a súa rede de ferrocarril se sitúa no vagón de cola europeo.
A cidade de Vigo e as comarcas do Morrazo, Baixo Miño, O Rosal, Val Miñor, Condado-Paradanta, A Louriña, Redondela, Vigo e área de Pontevedra continuarían a padecer esta eiva.
8.- Foi elaborado sen contar coa participación cidadá (e mesmo dificultando as preceptivas exposicións públicas) á medida dos intereses políticos e económicos de turno.
9.- Foi feito sen ter en conta a crise económica mundial, creada precisamente polos intereses políticos e económicos do gran capital, nin a fonda crise enerxética, en boa parte derivada dese modelo de transporte, gran consumidor de enerxías fósiles e petróleo.
10.- Forma parte indisoluble doutro proxecto maior, a centralista e depredadora Área Metropolitana de Vigo, tanto sexa de 14 como de 28 concellos, que ameaza con facer aínda máis dependentes da cidade ás vilas e comarcas da contorna.
ALTERNATIVAS AO PLAN VIGO ÍNTEGRA
1.- Un modelo de transporte baseado na accesibilidade, a proximidade e, ante todo, no fomento do transporte colectivo.
2.- Que os 2.000 millóns de euros presupostados para o Plan Vigo Íntegra se utilicen
- Na mellora, humanización e vertebración da rede viaria existente na área afectada, dende as estradas veciñais, ata as secundarias e as comarcais, actualmente en pésimas e mesmo perigosas condicións.
- Na mellora do transporte público, tanto terrestre, marítimo da ría, como ferroviario de proximidade, e no fomento do transporte non motorizado, como os carrís bici.
- Na construción doutras infraestruturas máis necesarias: hospitais comarcais, centros sociais, educativos, de saúde, culturais, deportivos, e espazos verdes que, aparte de facer máis autosuficientes as nosas barriadas, parroquias e vilas, nos eviten a necesidade de desprazarnos ata a cidade. Isto é crear proximidade. A centralización é xerar distancias.
- No aforro e a eficiencia enerxética
- Na promoción da rede de internet de alta velocidade e a informatización de trámites burocráticos, evitando desprazamentos para cuestións administrativas.
3.- Que se deseñe a ordenación do territorio dun xeito verdadeiramente participativo, tendo en conta un modelo alternativo de transporte e infraestruturas máis ecolóxico e humano. Que se racionalice esa ordenación, facendo desaparecer a Deputación, fortalecendo e achegando ao cidadán as mancomunidades de municipios e as comarcas, e baseándoa en principios de igualdade, solidariedade e complementariedade entre os distintos entes.
4.- Que a cidade de Vigo descentralice a súa área de influencia, ocupándose, ante todo, das prioridades e necesidades do seu propio territorio. Porque ten moitas e graves (saneamento, residuos, ordenación do litoral, rural, industrial, etc.) dentro dunha cidade mal deseñada, sobredimensionada e que non está a atender ás necesidades reais da súa veciñanza.
5.- Que o deseño urbanístico, incluída a rede viaria, se ateña á realidade demográfica, social, cultural e económica de cada concello e cada comarca, fuxindo da especulación urbanística e da invasión de competencias por parte da cidade.
Convocam:
A Ría Non se Vende / A.C. Berra Val Miñor / A.C. Caleidoskopio / A.VV. “Dunas” (Nigrán) / A.VV. “A Irmandade” de Priegue / Afectados Ronda Vigo-Lavadores / Agrupaçom de Montanha “Augas Limpas” / Alternativa Veciñal / Asociación A Groba / Asociación Afectados PO-313 / Bouzas Móvete / Centro Social A Revolta / Clube Espeleolóxico Maúxo / Colectivo Lúa Meiga / Colectivo Nacionalista de Marín / Colectivo Xogo Descuberto / Comisión de Seguimento da Conexión da A-57 con Peinador / Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares / Foro Social de Cangas / Grupo Axitación Social (GAS) / Luita Verde / Nunca Máis Val Miñor / OAR Redondela / Plataforma Cidadá de Redondela / Plataforma pola Defensa de Mos / Plataforma Priegue Unido / Plataforma Vive Gondomar / Salvemos Monteferro / Sárdoma en Loita / SOS Serra da Groba / Verdegaia
Un fin de seman movido
Jun 05, 2008 por Rolinho na categoria 1.Xeral
Este domingo día 8 están convocadas dúas importantes manifestacións. Unha en Ferrol, contra Reganosa, e outra máis cerquiña, en Teis, pola recuperación da Praia de Ríos (na antiga ETEA) como espazo público, reivindicando a súa conservación fronte ao proxecto de dragado e destrución irreversible do areal para a construción de outro porto deportivo.
A MANI DE TEIS:
Domingo 8 de xuño.
Saída ás 12:00 do Instituto da Guía.
Aproveita o día, leva a toalla!
Entraremos na ETEA pola ribeira do mar ata a praia.
O uso público do mar e a súa ribeira é un dereito: exérceo!
TEIS TEN PRAIAS
Convocan Voces polo Litoral de Teis
Plan Comunitario de Teis
A MANI DE FERROL:
Domingo 8 de xuño.
Saída ás 12:00 desde o porto de Curuxeiras
Aumenta a ameaza de Reganosa:
· Voadura da canle de entrada da Ría
· Ampliación da capacidade de regasificación
· Transporte de GNL en camións cisterna
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
Convoca Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Apoian A Ría Non Se Vende
Galiza Non Se Vende
Autobús desde Vigo:
Con motivo de facilitar a asistencia á manifestación de Ferrol haberá un servizo de autobuses dende Vigo.
Saída ás 9:00 da mañá dendo pavillón de deportes de Bouzas, (onde é relativamente fácil atopar aparcamento) con paradas no Hotel Bahía (9:15) e no mercado de Teis (9:30)
O prezo é de 10 € por persoa.
Reservas no teléfono 692107970 (Xulio)
En Teis ou en Ferrol, vémonos o domingo!!!
Recentes
MASSO 25 DE MAIO
May 26, 2009 por admin na categoria 1.Xeral
O ASFALTO NON É PROGRESO
Nov 20, 2008 por admin na categoria 4.Novas
Un fin de seman movido
Jun 05, 2008 por Rolinho na categoria 1.Xeral
MANIFESTO -A RIA NON SE VENDE-
May 21, 2008 por amarga na categoria 1.Xeral
MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DA RÍA DE VIGO
May 21, 2008 por amarga na categoria 1.Xeral
A MENSAXE DE MASSO
Abr 22, 2008 por amarga na categoria 1.Xeral
Celebración do Día da Terra na Ría de Vigo
Abr 22, 2008 por amarga na categoria 1.Xeral
